CRTVG

Buscar

A Asociación de Vítimas homenaxea os membros do Senado asasinados por ETA

Publicado o 10/11/2017 21:37

O Senado acolleu a homenaxe que a Asociación de Vítimas do Terrorismo rendeu aos senadores asasinados por ETA. O acto serviu tamén para recoñecer o labor das forzas de seguridade e da xudicatura na derrota policial da banda terrorista. O maxistrado Fernando Grande Marlasca foi un dos que recibiu a Cruz da Dignidade da Asociación. O Senado asume o compromiso de manter viva a memoria das vítimas. Desde a asociación piden que se acabe coa presenza dos terroristas, din, nas institucións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017