CRTVG

Buscar

A asociación de veciños recolle sinaturas para parar a peonalización da rúa Alemaña, en Pontevedra

Publicado o 10/08/2021 13:56

División de opinións pola idea do Concello de Pontevedra de crear unha praza en Monte Porreiro peonalizando o cruzamento de tres rúas, a de Alemaña, Bélxica e Portugal. Hai quen o ve ben e os que se opoñen totalmente. A asociación de veciños está a recoller firmas para pedir que se reconsidere o proxecto. Ata o momento din que teñen unhas 2.500.

Dende o Concello aseguran que queren para Monte Porreiro un tratamento urbano igual que o resto da cidade, para o que van investir nel e que os veciños teñan a mesma calidade de vida. Din que son coñecedores de que estes proxectos sempre xeran reticencias que finalmente son vencidas cando se rematan as obras, tal e como avalan os resultados no resto das zonas peonalizadas en Pontevedra e polos premios internacionais que teñen polo seu deseño urbanístico.

Noticias web

10/08/2021