CRTVG

Buscar

A asociación de Servizos de Festas de Galicia pide o rescate do sector

Publicado o 02/04/2021 13:27


Sen verbenas, os ingresos caen en picado en negocios como os de alugueiro de carpas e xeradores eléctricos, bares ambulantes, polbeiras ou pirotécnicas. Arredor do 80% dos seus ingresos procede da contratación para as festas. Por iso, a cancelacións das verbenas aféctalles moito.

José Veiga Cruz, presidente da asociación SERFEGA: "A facturación do sector o ano pasado foi nula. Ao mellor algún puido instalar unha carpa para hostalería pero non chegamos ao 10 ou 20% da facturación. Tendo en conta que hai que pagar os seguros sociais, os alugueiros de nave, créditos, material e todo o investimento que había feito para empezar a tempada porque tiñamos a tempada preparada para empezar".

Desde a asociación de Servizos de Festas de Galicia, creada recentemente, reclaman axudas para para o sector.

José Veiga Cruz, presidente da asociación SERFEGA: "Estamos pedindo que nos inclúan igual ca un sector que o pararan directamente. Pouco importa que digan que non se paran os servizos, cando os servizos, se non hai festas, non poden traballar. O que pedimos é un rescate e un xeito de poder traballar de aquí para adiante. Se non se pode seguir, entendémolo. Pero haberá que rescatar o sector para que poida sobrevivir porque se non a metade dos servizos desaparecerían".

Para canalizar as súa demandas, instan aos afectados a que se informen na asociación.

José Veiga Cruz, presidente da asociación SERFEGA: "E pódense dirixir tanto en www.serfega.com como en info@serfega.com que sería onde lle podemos dar toda a información. Temos avogados, xestores e outra xente con varios meses de traballo e todo a información sobre as vías para o rescate e inclúe calquera persoas que traballe para unha festa, quitando a parte das orquestras".

Ademais do rescate, piden coñecer canto antes se haberá un novo protocolo para as festas de verán que lles permita planificar o seu futuro.

Noticias web

02/04/2021