CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A Asociación de Minoristas do porto da Coruña inicia unha campaña de promoción do peixe e marisco das augas galagas

Publicado o 13/12/2017 21:12

Coincidindo coas datas do Nadal, a Asociación de Minoristas do Porto da Coruña está a realizar unha campaña pola cidade para promocionar o consumo de peixe e marisco de proximidade. Os representantes desta asociación repartiron entre os cidadáns libros de receitas, en que ademáis os informan sobre a calidade do produto e a importancia de consumir peixe das augas galegas.

"Estamos regalando unha serie de receitas para cociñar este Nadal e promocionar así o peixe galego e as súas propiedades e beneficios. Consomen vostedes produto local?", di unha voluntaria da asociación de minoristas.

Esta é a campaña de promoción do peixe e marisco de proximidade que iniciou a Asociación de Minoristas do Porto da Coruña polas rúas da cidade. Ademais de agasallar coas receitas do xurelo ao forno, os mexillóns á mariñeira ou tempo idóneo da cocción do marisco, con esta campaña a asociación de minoristas pretende achegar aos cidadáns as características, os beneficios e a importancia de consumir peixe de aquí.

"Esta campaña é para reforzar a venda, que se sega consumindo e máis con vistas ao Nadal que se consome bastante peixe", di un empregado da Asociación de Minoristas.

Os consumidores non dubidaron en sinalar que habitualmente e, sobre todo nestas datas, consomen peixe e marisco galegos.

"Si, si de Galicia. Gústame máis o de Galicia que o doutras partes", di un veciño.

"O peixe de Galicia é unico no mundo, en todos os sentidos, a nivel de peixe a nivel de marisco, Non fai falta, non o imos descubrir nós agora", afirma un veciño.

Mesmo unha peixeira lembrou a importancia e a diferenza que ten comprar o peixe no mercado.

" É saboroso, e fresco, vén todos os días ao peirao e non ten nada que ver co que venden por aí", sinala unha peixeira.

Esta campaña da Asociación de Minoristas do porto da Coruña, continuará varios días por distintos barrios da cidade.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/12/2017