CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A Asociación de Médicos de de Madrid defende á medico que atendeu a Teresa Romero

Publicado o 29/10/2014 21:27

Onte foi o Colexio de Médicos de Madrid e hoxe a Asociación de Médicos e Titulados Superiores da comunidade a que di que Teresa Romero non lle dixo á médica que a atendeu no ambulatorio que tratara os misioneiros contaxiados. Din que non activou o protocolo por ébola porque non coñecía este dato e que a súa actuación foi a correcta.

"Nós, dende logo, non dubidamos de que se o médico de familia o soubera, tería disparado o protocolo, mesmo de modo egoista pola súa propia seguridade á hora de atender á paciente sospeitoso de ébola", di Gabriel del Pozo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

29/10/2014