CRTVG

Buscar

A Asociación de Hostaleiros de Lugo di que hai falta de traballadores en todos os tipos de locais e de horarios

Publicado o 08/08/2019 16:30

Coas terrazas ateigadas, o principal problema dos hostaleiros é conseguir man de obra que as atenda.
A Asociación de Hostaleiros de Lugo di que hai falta de traballadores en todos os tipos de locais e de horarios. A falta de conciliación polos horarios e a fuga a outras partes de España son as principais causas. Un hostaleiro de Portomarín chegou a facer 120 entrevistas pero non puido conseguir empregados.

78 establecementos hostaleiros pecharon o ano pasado na provincia de Lugo, en moitos casos por falta de remuda xeracional ou de man de obra. Aínda así, seguen abertos 2.535 locais que dan emprego directo a 9.000 persoas e xeran 33.000 contratos anuais. Ademais, abríronse 17 negocios principalmente de turismo rural. O ocio lugués segue a pasar pola hostalería e hai un establecemento por cada 130 habitantes, o que permite ser optimistas malia a falta de traballadores.

Os hostaleiros sinalan que se avanzou moito en materia de salarios e a media no sector está entre os 1.000 e os 1.300 euros chegando a haber grandes profesionais que cobran ata 3.000.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019