CRTVG

Buscar

A Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña lembra a importancia dunha dieta equilibrada

Publicado o 06/05/2020 21:11

"Ama o teu corpo, coida a túa mente" é o lema da campaña da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña aproveitando a celebración do Día Internacional sen Dietas. Esta iniciativa pretende alertar sobre o perigo das desordes alimenticias ás que poden derivar as dietas para adelgazar o máis axiña posible sen a supervisión dun profesional

"Alertar sobre os riscos que supoñen determinados tipos de dietas, fundamentalmente as dietas restritivas sen supervisión médica, que poden ser unha porta de entrada ou poden provocar a aparición dun trastorno da conduta alimentaria", sinala Jorge Garnelo Pardo  voceiro da ABAC.

Desde a ABAC lembran que cada ano son moitas as persoas que inician unha dieta a fin de conseguir mellorar a súa imaxe en consonancia co ideal de beleza da nosa soiedade. Dietas, aseguran, que logo acaban abandonando e que non son saúdables

"Esta alimentación debe ser completa, equilibrada, abonda, variada e fudamentalmente adaptada ás distintas características e necesidades de cada persoa por exemplo á idade, ao sexo e á actividade física de cada quen".

A ABAC invita a quen queira a participar na súa campaña a través das súas redes sociais para comentar as súas dúbidas con relación á alimentación e á nutrición

Noticias web

06/05/2020