CRTVG

Buscar

A Asociación de Armadores do Cerco de Galicia reclama un aumento da cota de sardiña

Publicado o 06/05/2020 15:56

A frota do cerco ten limitada a captura de sardiña a mil kilos por embarcación e día de pesca en maio. A partir do 1 de xuño, o tope sobe a 1.500 quilos para facerlle fronte ao aumento da demanda durante este mes, que se dispara por San Xoán. Son cantidades que a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia considera insuficientes.

Andrés García, voceiro da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga): "O problema que temos é a escaseza de cota da que dispoñemos. Son 1.860 toneladas para todo o Cantábrico noroeste ata o 31 de xullo, pendentes dun futuro aumento de cota segundo a avaliación que se faga".

Coa actual situación dos recursos, din que é posible aumentar a cota que teñen asignada.

Andrés García, voceiro da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga): "Dado o estado que temos do recurso, como estamos a ver día tras día, cunha boa análise dos datos científicos, pedimos que se outorgue unha cota conforme aos resultados desas análises e non á escaseza que temos, porque é inviable seguir nesa situación".

Agardan que se teñan en conta esas avaliacións e que se incremente a cantidade de captura de sardiña permitida.

Noticias web

06/05/2020