CRTVG

Buscar

A asociación Clara Campoamor e o Concello serán acusación particular no caso da "manada" de Bilbao

Publicado o 05/08/2019 16:24

Tensión ás portas dos xulgados no momento en que catro individuos de orixe magrebí entraban nos xulgados onde teñen a obriga de acudir todos os días. Un deles mesmo se encarou coa prensa. 3 teñen antecedentes penais e entre a veciñanza bilbaína poucos entenden que uns ingresen na cadea e outros queden en liberdade provisional, se todos están implicados na agresión.

A muller, que padece unha leve discapacidade intelectual, sinalou na súa declaración que quedara cun deles vía redes sociais, pero apareceron cinco máis e violárona. Despois, presuntamente, tiraron sobre ela 17 euros.

O alcalde de Bilbao, Juan Mari Basurto, xa anunciou que o Concello se presentará como acusación particular neste caso, o mesmo que a asociación Clara Campoamor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/08/2019