CRTVG

Buscar

A asociación Afalu realiza un spot para concienciar da problemática do alzhéimer

Publicado o 24/11/2016 18:08

O colectivo advirte da importancia das terapias para mellorar a calidade de vida dos afectados

Unha simple ollada ao espello pode converterse nun momento de pánico para aquelas persoas que padecen alzheimer. Esta escea protagoniza o spot da asociación Afalu, que agrupa a familiares de afectados, e que procura concienciar a poboación.

Noutro video, realizado tamén en colaboración coa Fundación TIC, vemos como é o traballo diario en Afalu. Tentan mellorar a calidade devida dos doentes, e para iso, suliñan, é fundamental que os afectados acudan canto antes a terapia.

Afalu atende mais de cen persoas nos seus centros, cada vez con xente mais nova, e mesmo con casos en que son os pais os que teñen que levar aos seus fillos a terapia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/11/2016