CRTVG

Buscar

A Asemblea portuguesa aproba que en 2020 non se venderán utensilios de plástico dun uso

Publicado o 12/04/2019 17:43

A partir do ano que vén en Galicia non se venderán pratos, vasos e utensilios de plástico dun único uso. Portugal vai un paso más alá e o seu parlamento vén de aprobar unha lei que tamén axudará a reducir aínda máis os plásticos que se usan cando imos facer a compra.

Portugal adiántase á lexislación europea do 2021 e xa o ano que vén ningún produto de pan, froita ou verdura poderá estar protexido ou envolto en plástico. A proposta na Asemblea da República partiu do Partido dos Verdes e recibiu o apoio de toda a Cámara. Aprobouse por unanimidade. Igual que en Galicia, en Portugal, dentro duns meses, os vasos, pratos e utensilios de plástico dun so uso non se poderán vender. Dende o Partido dos Verdes din que os supermercados por exemplo, están distribuíndo unha cantidade inxente de plástico e que hai que paralo. Así, pioneiros en Europa, os portugueses comezan a súa loita particular contra o plástico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019