CRTVG

Buscar

Critican que o Concello de Vigo gaste un millón na decoración de Nadal

Publicado o 23/11/2018 15:17

Mañá ás nove da noite préndese a iluminación de Vigo. Haberá cortes de tráfico en todo o centro e autobuses lanzadeira para favorecer os desprazamentos dos cidadáns.

Agardada por moitos, a decoración de Nadal tamén ten detractores. A asemblea por un Vigo máis social criticou hoxe que o Concello gaste un millón de euros na decoración de Nadal mentres hai xente que dorme na rúa ou hai escaseza de prazas no albergue municipal.

Os integrantes da asemblea desenvolverán accións informativas por toda a cidade e nas redes sociais, como a difusión de tarxetas de Nadal reivindicativas. Tamén farán rutas pola cidade, andainas e cancións reivindivativas.

Noticias web

23/11/2018