CRTVG

Buscar

A Asemblea Nacional Catalá paga a fianza dos membros da Mesa do Parlament

Publicado o 15/11/2017 09:26

A Asemblea Nacional Catalá pagou as fianzas dos catro membros da Mesa do Parlamento de Cataluña para evitar a prisión preventiva á que se enfrontaban en caso de non pagar. A suma ascende a un total de cen mil euros, vinte e cinco mil por cada un. O xoves pasado, o xuíz do Tribunal Supremo, Pablo Llarena, outorgara un prazo dunha semana para o pago da fianza. A Asemblea Nacional Catalá é o colectivo independentista cuxo presidente, Jordi Sánchez, está encarcerado acusado dun suposto delito de sedición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2017