A asemblea de Compostela Aberta decide se Noriega segue no Concello
Publicado o 06/06/2019 21:16
Ás sete e media da tarde comezou en Santiago a asemblea de Compostela Aberta que vai decidir o futuro de Martiño Noriega.
A mesma noite electoral, tras coñecer que perdería a alcaldía, Noriega anunciou que poñería o seu cargo á disposición da asemblea.
Noriega non quixo falar cando chegou á reunión. Si o fixeron algúns dos seus estreitos colaboradores nestes catro anos para reclamar que continúe como concelleiro e voceiro de Compostela Aberta no consistorio.
Máis sobre Política
23/01/2021 21:23
23/01/2021 16:52
23/01/2021 15:09