CRTVG

Buscar

A asemblea de Anova decide se Antón Sánchez segue á fronte de Anova

Publicado o 14/12/2019 10:34

Aquí en Galicia, Anova afronta este sábado unha asemblea clave, en que vai elixir a súa dirección, que será continuísta. Antón Sánchez seguirá á fronte da organización. Asumirá novamente o liderado no medio dun debate interno sobre a estratexia electoral. Fronte ao sector máis nacionalista, que quere unha alianza coas mareas locais, hai militantes que piden reeditar os acordos con Podemos e Esquerda Unida.

Noticias web

14/12/2019