CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

A Arxentina vive o mundial dun xeito especial

Publicado o 17/06/2018 15:09




A Arxentina paralízase con cada encontro da Albiceleste, de feito no país a venta de televisores xa bateu unha nova marca porque a furia futbolística polo Mundial de Rusia séntese en cada recanto. Os afeccionados poden gozar dun festival para os fans a metros do Obelisco porteño e ata a Casa Rosada rememora os logros da Selección nunha mostra que reúne obxetos das coleccións privadas máis importantes do país.

O Museo da Casa Rosada exhibe estes días máis de 600 cromos, bonequiños, camisolas, ilustracións e outros elementos de tódolos Mundiais de fútbol nos que participou a Albiceleste.

CORTE: MATÍAS BAUSO - CURADOR DA MOSTRA
"A idea da mostra é tratar de contar a historia da Selección Arxentina a través dos ollos dun neno e que mellor maneira que facelo a través dun álbum de cromos. O primeiro álbum que trouxo un plantel mundialista na Arxentina foi para Chile 62 e é precisamente esta evolución deses cromos das redondas de cartón a estes autoadhesivos, as figuras posadas ou roubadas no medio do campo e despois debuxadas ata agora que son moi profesionais e retocadas con Photoshop".

LATE invoca á nostalxia e ós éxitos do pasado, os dos Mundiais de Arxentina 78 e México 86 nos que Mario Kempes e Diego Armando Maradona fixeron campioa á selección.

Un tributo ós heroes do fútbol arxentino que a afección agarda sexa unha especie de amuleto para que, cun Messi que vale ouro no campo e nos cromos, a Albiceleste consiga en Rusia a súa terceira Copa do Mundo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí