CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Arxentina realiza a maior queima de droga en simultáneo da súa historia

Publicado o 06/11/2017 15:22

A Arxentina realizou a maior queima de droga en simultáneo da súa historia. As autoridades desfixéronse dun total de 67 toneladas de marihuana e cocaína para evitar que as mafias do narcotráfico e a corrupción reincorporen as incautacións ao mercado.

O Goberno arxentino dá un paso máis na súa loita contra o narcotráfico e queima en simultáneo 67 toneladas de marihuana e cocaína.

Un momento inédito na súa historia e co que destruíron un 70 % da droga incautada nos últimos meses como parte do seu programa de 'stock cero' en instalacións oficiais.

A queima levouse adiante en seis localidades fronteirizas do norte do país, zonas de paso para a droga e onde se rexistraron os maiores operativos contra as mafias do narcotráfico.

CORTE 1: Patricia Bullrich - Ministra de Seguridade da Arxentina
"Queremos que non haxa en ningunha dependencia xudicial ou das forzas de seguridade droga gardada, queremos que a droga que se incaute sexa droga que se queime inmediatamente".

O Goberno quere deste xeito evitar que axentes corruptos das forzas de seguridade e do poder xudicial poidan facilitar a reincorporación das incautacións ao mercado ilegal.

No que vai de 2017 foron detidas máis de 10.000 persoas vinculadas ao narcotráfico na Arxentina, un 30 % máis que no ano anterior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí