CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

A Arxentina promociona a obra de Seoane cunha ruta polos seus murais

Publicado o 10/01/2016 21:31

Máis dunha vintena de edificios en Bos Aires conservan murais realizados polo pintor e escritor galego-arxentino Luis Seoane.
Obras que configuran unha ruta artística e turística polo centro da cidade.

Luis Seoane naceu en Bos Aires pero amaba por igual Arxentina e Galicia, a terra dos seus pais onde pasou parte da súa vida. Nas beiras do río da prata deixou un fermoso legado. Máis dunha vintena de murais en edificios emblemáticos que o Goberno de Bos Aires está a recuperar.


"Teníamos que hacerlo en primer lugar para recuperar el estilo, la esencia y tratar de hacer una labor en cierto modo didáctica que es concienciar a los propietarios, a la gente de la cual dependen estos trabajos en cuanto a lo que significa la preservación".

Estas pezas destacan pola innovación no deseño e polas temáticas e materiais empregados polo que hai que extremar as precaucións á hora de restauralos.


"Se puede hacer no con una cifra de dinero exorbitante pero si hay que estar comprometidos por la calidad y el bien del trabajo".

Dende Galicia xa apraudiron a posta en marcha da ruta "Seoane en pé".


O goberno da Cidade de Bos Aires prepara xa unha campaña de promoción coa que impulsar este percorrido dunha hora e media de duración pola obra de Seoane como parte das actividades da feira do libro, que se celebrará no mes de abril, e que este ano terá como cidade convidada Santiago de Compostela.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí