CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Arxentina non consegue pór freo á desvalorización do peso, que só nunha xornada caeu un 10 por cento

Publicado o 31/08/2018 15:13
A Arxentina non consegue pór freo á desvalorización do peso, que só nunha xornada caeu un 10 %. Os mercados non confían no país e o Banco Central subiu as taxas de xuro quince puntos porcentuais para tentar reter os investidores.




ENTRADIÑA


Os mercados non lle dan tregua á Arxentina. Non confían no país e o Banco Central tivo que volver incrementar as taxas de xuro dun 45 a un 60 % para tentar conter a caída do peso. Iso sí, sen moito éxito xa que só na última xornada a moeda local desvalorizouse un 10 % fronte ó dólar, e acumula xa un 104 % no que vai de ano. A medida do Central, que volve superar o seu propio récord, pon en evidencia a fraxilidade do modelo de Mauricio Macri.

PEZA


Os intentos do presidente por dar mostras de confianza ó anunciar que o FMI adiantará o diñeiro que precise A Arxentina para garantir o financiamento do 2019 volveuse na súa contra e fixo saltar tódalas alarmas sobre a capacidade do país para afrontar o pago da débeda.


Dende entón a escalada do dólar foi tal que ademáis de aumentar 15 puntos os tipos de xuro, o Banco Central tivo que saír a vender 330 millóns de dólares das súas reservas para tentar conter o tipo de cambio.


Mentres, dende o Goberno intentan aparentar calma e aseguran estar no camiño correcto. Insisten en que a solución pasa por reducir o déficit para depender menos do financiamento externo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí