CRTVG

Buscar

A Arxentina lembrou as vítimas do atentado contra a embaixada de Israel

Publicado o 18/03/2016 20:50

Na homenaxe ás vítimas, tamén houbo unha lembranza ao fiscal Alberto Nisman

Fronte á que fora a sede diplomática israelí de Bos Aires centos de persoas clamaron por "memoria, verdade e xustiza" 24 anos despois do ataque que deixou 29 mortos e preto de 300 feridos.

"O fío condutor destes 24 anos foi a impunidade", di Jorge Cohen, un dos superviventes do atentado.
As alarmas soaron ás tres menos cuarto da tarde, hora local arxentina, mesmo intre no que un fugón cargado de explosivos estourou en 1992 fronte ó que hoxe constitue unha praza pra memoria vestida cunha árbore en recordo de cada un dos falecidos.

O acto contou cunha forte representación do Goberno arxentino. E o presidente, Mauricio Macri, tamén mostrou o seu compromiso coa causa no Congreso Xudío Mundial que acollía estes días a Arxentina. 
"Estamos absolutamente comprometidos en axudar a que os investigadores avancen", dixo.

Ningún dos presentes esqueceu a figura de Alberto Nisman. Para moitos, a morte deste fiscal é o terceiro atentado contra os xudeos no país austral. 

A día de hoxe, o que fora o primeiro ataque contra o colectivo xudio da Arxentina, dous anos antes que a masacre da AMIA, segue sen resolverse pese a que, dende un comezo, se atribuiu a Irán e ó grupo terrrorista Hezbollah. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2016