CRTVG

Buscar

A Arxentina homenaxea as vítimas do ARA San Juan

Publicado o 16/11/2019 12:36

Autoridades nacionais e membros da Armada arxentina homenaxearon en Mar de Plata as 44 vítimas do submarino "Ara San Juan" cando se cumpren dous anos desde a última comunicación co somerxible e un ano despois de que o atoparan afundido a 500 quilómetros da costa. Os familiares directos recibiron a medalla á Honra Militar e inauguraron un memorial en homenaxe aos mariños "en patrulla eterna no mar arxentino".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019