CRTVG

Buscar

Bos días

A Arxentina homenaxea a Eva Duarte de Perón

Publicado o 03/08/2017 09:51

A Arxentina homenaxea a Eva Duarte de Perón, a carismática ex-primeira dama que pasou á historia polo seu destacado rol político na defensa dos máis humildes, e o museo homónimo quere amosarlle ao mundo novas caras desta muller que marcou unha época.

Fai 65 anos da morte dun mito. Eva Duarte de Perón, máis coñecida como 'Evita' marcou unha época e o museo de Bos Aires que leva o seu nome reinventouse para achegar á bautizada como xefa espirtual da nación arxentina ó público con novas ferramentas audiovisuais.

Catro novas salas renden honeres á muller que pasou a historia como a abandeirada dos humildes. A xoia da coroa neste novo guión museolóxico son os sete manequíns, literalmente esculpidos a imaxe e semellanza de Evita, onde os visitantes a verán sorrir ou parpadear de novo.

Marcela Gené, coordinadora do Museo Evita: "Faise un 'face mapping', unha proxección na cara de cada un dos manequís que é unha reconstrucción de distintos trazos de fotos de Eva aos que se lles fixo unha moi sutil animación".

Unha proposta con maior dinamismo visual para reflectir a evolución do seu estilo e liderado ó longo dunha curta vida pública. Só 7 anos nos que Eva Perón logrou converterse nun referente internacional nun tempo onde as primeiras damas non tiñan un rol político.

Santiago Régolo, Instituto Nacional de Investigacións Históricas Eva Perón: "Queremos trascender un pouco esas versións edulcoradas e volver captar a esa Evita política que continúa dicindo e moito".

Hoxe é toda unha icona popuniversal, a súa imaxe e discursos están vixentes para as novas xeracións, algo que o museo retrata precisamente en Evita inmortal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

03/08/2017