CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

A Arxentina escolle hoxe novo presidente

Publicado o 22/11/2015 14:51

Comezan sen incidentes as eleccións presidencias na Arxentina.
Desta cita electoral inédita, á que están convocados 32 millóns de arxentinos, sairá nomeado en segunda volta o sucesor de Cristina Fernández de Kirchner como presidente do país.
As autoridades electorais agardan ter un resultado contundente só catro horas despois do peche dos colexios.

Dende as oito da mañá, catro máis en Galicia, os arxentinos están convocados ás urnas para escoller ó que será o novo presidente do país.

Os dous candidatos: o conservador Mauricio Macri e o oficialista Daniel Scioli pasarán hoxe o último exame coa cidadanía. Ambas frontes confían na transparencia e normalidade da xornada.

"Creo que esta vez es más rápido todo, es más sencillo el escrutinio y estamos trabajando y vemos buena voluntad de las partes para que eso no ocurra" di Marcos Peña, Xefe de campaña de Cambiemos

Tras o escándalo dos últimos comicios polo retraso de máis de catro horas para difundir os primeiros datos do escrutinio, a Dirección Nacional Electoral Arxentina xa aclarou que se publicarán resultados dende unha hora e media despois do peche dos colexios.

"Vamos a ver la progresión, cómo van componiéndose y cómo están representadas todas las provincias en el mapa electoral, y cómo se va configurando un resultado que aspiramos que para las diez y media ya sea irreversible", aseguea Alejandro Tullio, Director Nacional Electoral da Arxentina

A gran extensión xeográfica da Arxentina, similar á existente entre Madrid e Moscova, dificultan a loxística duns comicios vitais para o país

Autoridades de mesa, fiscais, efectivos policiais e traballadores do correo nacional custodiarán ó longo de toda a xornada as máis de 95.000 urnas que encerran o desexo político de milleiros de Arxentinos para os próximos catro anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí