CRTVG

Buscar

A Arxentina entra en suspensión de pagos "selectiva" e negocia cos seus acredores

Publicado o 23/05/2020 21:42

Este venres, A Arxentina entrou nunha suspensión de pagos "selectiva" ao non pagar uns intereses da súa débeda. Aínda así, as conversas para a reestruturación da súa débeda externa continúan.
66.238 millóns de dólares. Esa é a débeda en moeda estranxeira que pretende reestruturar o Goberno arxentino, que debido á falta de acordo cos acredores decidiu prorrogar outros dez días o prazo de negociacións.

A Arxentina entra nunha etapa decisiva para a reestruturación da súa débeda. Os seus principais bonistas rexeitaron a primeira oferta do Goberno, que incluía estar tres anos sen pagar.

O executivo tampouco aceptou as contrapropostas dos acredores, pero as negociacións seguen o seu curso.  A Arxentina tampouco pagou 500 millóns de dólares en intereses que son parte da débeda por reestruturar, entrando deste xeito nunha suspensión de pagos ou "default" selectivo.

En calquera caso, o Goberno afronta a nova etapa das negociacións cunha economía que caeu un 11,5 % en marzo, e agravou aínda máis a recesión.

Noticias web

23/05/2020