CRTVG

Buscar

A Arxentina despide o ex-presidente de la Rúa

Publicado o 09/07/2019 22:35

A Arxentina decretou tres días de loito oficial tras o pasamento do ex-presidente Fernando de la Rúa faleceu este martes aos 81 anos de idade a causa dunha afección cardíaca. A súa saúde xa era feble, e nos últimos meses fora hospitalizado en varias ocasións. A capela ardente terá lugar no Congreso Nacional.

Integrante da histórica Unión Cívica Radical, que permitiu a volta á democracia na Arxentina, De la Rúa foi deputado, senador e alcalde de Bos Aires, e asumiu a xefatura do Estado en 1999. Durante o seu mandato produciuse a peor crise económica, política e social que lembra o país, a do corralito de 2001. A súa imaxe abandonando en helicóptero esta Casa Rosada deu a volta ao mundo.

Hoxe é festivo na Arxentina, celébrase o Día da Independencia, pero aínda así foron moitos os políticos de todas as cores que amosaron as súas condolencias polo pasamento do ex-presidente. O primeiro en facelo foi Mauricio Macri, quen remarcou a súa "traxectoria democrática", pero tamén Cristina Fernández e o principal candidato da oposición, Alberto Fernández.

Neto dun migrante galego, de Bueu, o ex-mandatario chegou a visitar esta localidade durante a súa presidencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019