CRTVG

Buscar

A Arxentina contrata camións da galega Urovesa para loitar contra os incendios forestais

Publicado o 12/01/2018 14:44

A Arxentina contrata camións da empresa galega Urovesa para loitar contra os incendios forestais. A compañía, provedora habitual en España do Ministerio de Defensa, subministrou 60 vehículos especiais para reforzar o Plan nacional arxentino contra os incendios.

Camións coma estes, fabricados en Galicia, son os que axudan na extinción dos incendios forestais nos parques nacionais da Arxentina. Subminístraos desde o concello de Valga a empresa Urovesa, que desde hai máis de dous anos é contratista do Plan nacional arxentino de manexo dos incendios.

A empresa galega, especializada desde a súa orixe na fabricación de vehículos militares, pechou tamén importantes contratos para este ano en Oriente Medio.

Urovesa factura preto de 40 millóns ao ano e dálles emprego a unhas 150 persoas. Aínda que é provedor habitual do Ministerio de Defensa, máis do 60 por cento dos vehículos especiais que fabrica teñen como destino os mercados internacionais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018