CRTVG

Buscar

Bos días

A Arxentina contará con expertos galegos en modernización para transformar o seu sistema xudicial

Publicado o 26/10/2016 09:37

A Arxentina contará con expertos galegos en modernización para transformar o seu sistema xudicial. Asegurouno o ministro arxentino de Xustiza, Germán Garavano, despois dun encontro en Bos Aires co vicepresidente da Xunta de Galicia en funcións, Alfonso Rueda, en viaxe oficinal na capital arxentina.

Rueda e Garavano deixaron o camiño listo para unha serie de intercambios e colaboracións en material xudicial que afrontarán ambas nacións.

Foi unha reunión breve pero moi cordial, onde quedaron patentes os vínculos que unen Galicia coa Arxentina.

O Goberno galego deixou claro que quere manter unha comunicación fluída co Executivo arxentino que permita exemplos concretos de colaboración, así coma o intercambio de experiencias para solucionar problemáticas comúns. En concreto, no eido xudicial.

"Quedará aberta unha canle de comunicación entre os expertos que en Galicia están abordando as reformas necesarias e os expertos que o están a facer na Arxentina e seguro que de aí saen conclusións frutíferas".

O ministro arxentino gabou o bo facer dos expertos galegos en materia xudicial, cos que contarán para xerar unha xustiza máis próxima á cidadanía que permita resolver os conflitos que hoxe afronta a sociedade.

"Estivemos conversando sobre a posibilidade de que expertos e os equipos de traballo que funcionan en Galicia sobre modernización da xustiza poidan vir a visitarnos no transcurso do ano que vén para traballar sobre o proceso de reforma que nós estamos levando adiante na Arxentina".

Ambos concordaron no produtivo dunha xuntanza que selaron cun intercambio de agasallos onde a artesanía galega foi protagonista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

26/10/2016