CRTVG

Buscar

A Arxentina conmemora 35 anos do inicio da guerra das Malvinas

Publicado o 02/04/2017 20:58

Un conflicto que para os arxentinos non se resolverá ata que o arquipélago lles volva pertencer

O 2 de abril de 1982 o Goberno militar arxentino lanzou un operativo para recuperar de mans británicas as Illas Malvinas, un arquipélago estratéxico para o control do Atlántico Sur. 
A guerra rematou coa rendición do país austral só 73 días despois, pero deixou no camiño a vida de máis de 900 persoas. 

Tristeza e dor son as palabras que máis asocian os arxentios ao pensar no conflicto, e iso está latente nas rúas de Bos Aires. 

O berro dunhas Malvinas Arxentinas é posiblemente o único que une a unha sociedade eternamente dividida. 

Malvinas é unha cuestión moral que dende a asunción de Mauricio Macri, os Gobernos británico e arxentino lograron deixar de lado para conseguir algo inédito, mellorar as relacións bilaterais. 

O achegamento traduciuse nun acordo para identificar os restos dos soldados arxentinos caídos no conflicto e que permanecen nas Malvinas, pero tamén en maiores intercambios comerciais, ou na recuperación da conexión aérea directa entre o territorio arxentino e o arquipélago. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/04/2017