CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A Arxentina colaborará para que o patrimonio do Centro Galego de Bos Aires se preserve unido

Publicado o 04/05/2018 21:25
O Goberno arxentino colaborará para que o patrimonio do Centro Galego de Bos Aires se preserve unido aínda que se venda a sede social. Así llelo transmitiron ó conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, nun encontro no Ministerio de Cultura dese país.









Durante o encontro do conselleiro, Román Rodríguez,con autoridades do Ministerio de Cultura arxetnino profundizaron en novas vías de colaboración en materia de industrias culturais, pero un dos puntos principais da reunión foi o momento no que afondaron na situación do importante patrimonio cultural do Centro Galego de Bos Aires

Acompañado polo Embaixador de España e os secretarios xerais de Cultura e da Emigración, Román Rodríguez amosouse satisfeito pola sintonía coa Executiva arxentina sobre ó futuro do acervo cultural do Centro Galego.

O Goberno arxentino manifestounos a súa intención de colaborar co Goberno español e co Goberno galego para lograr o que todos estamos perseguindo que é que a enorme riqueza cultural, artística e bibliográfica que se leva conservando no Centro Galego, en esa institución, poida seguir sendo un orgullo para os galegos.

El objetivo para todos nosotros justamente es proteger el patrimonio artístico y cultural que está en el centro gallego y conservarlo de una manera uniforme para que pueda ser protegido cuidado pero también difundido.

Por outra banda, renovaron o programa de intercambios formativos entre artistas emerxentes e mostras culturais, e dende o Ministerio de Cultura austral agardan un incremento no número de coproduccións audiovisuais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

04/05/2018