CRTVG

Buscar

Bos días

A Arxentina centra todos os seus esforzos en acabar coa inseguridade que arrasa o país

Publicado o 14/10/2016 10:12

E unha nova que nos chega do exterior. Arxentina centra todos os seus esforzos en acabar coa inseguridade que arrasa o país.

O Goberno de Mauricio Macri xa anunciou un importante incremento no número de efectivos policiais, pero a cidadanía clama polo fin da impunidade.

"Son diarias as novas que dan conta de fatais actos delituosos na Arxentina. Especialmente na provincia de Bos Aires, principal núcleo urbano do país e onde asasinatos, secuestros e roubos, manteñen atemorizados a boa parte da poboación".

Unha inseguridade cidadá á que o Goberno de Mauricio Macri quere pór solución canto antes, polo que xa anunciou que reforzará a presenza policial con milleiros de efectivos extra nas rúas.

Pese ás medidas as vítimas queren máis. Sinten que a vida non vale nada e piden que cese a impunidade e unha xustiza que faga o seu traballo.

Así o dixeron nas multitudinarias concentracións que encheron as princiapais cidades do país o pasado martes.

Esta situación non é allea para os galegos de Bos Aires. Mirta, por exemplo, foi vítima dun secuestro rápido.

"Eu teño que agradecer que no seu momento a min non me fixeron nada. Non me pegaron, non tiven violencia física. Hoxe creo que máis alá de que cada vez hai más delitos, ademais son máis violentos",
conta Mirta Villaverde, vítima dun secuestro rápido.

O irmán de Enmanuel foi asasinado a tiros hai só tres meses.

"Souberamos que ía ser papá había cinco días. Festexamos o Día do Pai e todo iso destruírono dun día para outro por nada. Por 150 euros e un anel", dinos Enmanuel Terrón, irmán dunha das vítimas da inseguridade.

Son vidas rotas polas que a cidadanía segue a pedir xustiza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

14/10/2016