CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

A Arxentina celebra primarias no día en que Cristina Fernández volve á actualidade política

Publicado o 13/08/2017 14:44

Xa están abertos os colexios electorais na Arxentina que este domingo afronta uns comicios primarios para elixir os candidatos que competirán por unha banca no Congreso nacional nas eleccións lexislativas de outubro. A xornada electoral supón o retorno á area política da ex preseidenta Cristina Fernández.

A Arxentina volve hoxe ás urnas.
Dende as 8 da mañá, cinco horas máis en Galicia, máis de 33 millóns de arxentinos poden votar nestes comicios que teñen un marcado carácter simbólico e de termómetro das preferencias políticas da sociedade.
Estas son as cuartas primarias que celebra A Arxentina e permitirán escoller os candidatos que van competir nas eleccións lexislativas xerais de outubro, cando se renovará un terzo do senado e case a metade da Cámara de Deputados.

"Tenemos las mejores expectativas para que la elección se desarrolle con total normalidad", di Fernando Álvarez Álvarez, Director Nacional Electoral da Arxentina.

106.000 efectivos das forzas de seguridade traballarán para custodiar o correcto transcurso da xornada, despois de que un paquete bomba explotase na sede porteña de Indra, a empresa española que proporciona o software informático para facer o escrutinio provisional das eleccións.

"Falei coa ministra de Seguridade no día de onte e garantiza totalmente a seguridade de todo o referente do comicio deste domingo ", recoñece Rogelio Frigerio, Ministro do Interior.

Os colexios electorais estarán abertos ata as seis da tarde, hora local, pero non será ata preto das doce da noite cando se coñezan os resultados deste sufraxio polarizado polo oficialismo e a volta á política da expresidenta, Cristina Fernández de Kirchner.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí