CRTVG

Buscar

A Revista

A Arxentina celebra o Día da Muller mirando cara a Galicia

Publicado o 10/03/2014 12:04

A Arxentina tamén celebrou o Día da Muller, e fíxoo mirando cara a Galicia. A asociación Herbas de Prata entrega dende 2007 as mencións Rosalía de Castro e Virxinia Pereira a galegas que destacaron polo seu compromiso público e privado coa nosa comunidade.

Estas son algunhas das protagonistas do Día da Muller na Arxentina. Estas, as emocións. E estes, os premios que concede dende 2007 a asociación Herbas de Prata. A Mención Rosalía de Castro polo seu compromiso e traballo público con Galicia foi para Pepa Noia, unha das fundadoras das Nais de Maio. A Virxinia Pereira polo seu compromiso privado, á presidenta do Centro Betanzos, Beatriz Lagoa, e a Noviña para Susana Blanco:

Este, por suposto, foi o son dun día tan feminino coma galego na quinta provincia da comunidade.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

10/03/2014