CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

A artista Pepa Poch deseña a nova colección de louza de Sargadelos

Publicado o 17/02/2017 20:53




A louza transfórmase en arte na nova colección de pezas de porcelana que Sargadelos presentou hoxe na Coruña. Cada peza da colección foi creada pola artista catalá Pepa Poch nas instalacións que Sargadelos ten no concello lugués de Cervo.

A artista catalá Pepa Poch deixou Nova York, onde residiu nos últimos tempos, para entrar na creación da nova colección de pezas de porcelana de Sargadelos. Son pezas únicas con acabados en azul cobalto, rosa e branco con detalles metálicos en ouro que transforman a louza en arte.

Cada unha das pezas foi creada polas mans da artista nos fornos que Sargadelos ten no concello de Cervo. Alí viviu os últimos tres meses e compartiu a experiencia dos artesáns da marca galega que conta con máis de 200 anos de historia.

A colección, que tamén se presentará en Madrid nos próximos días, estará exposta na Casa Museo Picasso da Coruña no mes de marzo para logo viaxar ata Nova York.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí