CRTVG

Buscar

A arte urbana muda a faciana de Lugo

Publicado o 05/07/2021 19:34

O mural de Xulio César, de quince metros de altura, fronte á muralla construída polos seus súbditos, é o último gran exemplo dunha arte urbana que non deixa de gañar terreo en Lugo. A iso axuda, claro está, que aquí resida o campión de España da modalidade. Diego As subliña o papel transformador desta disciplina.

Malia que ao principio non todo o mundo aceptaba este tipo de pinturas na rúa.

Unha novidade que está a ter boa acollida.

Unha arte urbana que mudou por completo a faciana de numerosos recunchos da cidade. Prazas, pontes ou espazos deportivos son só algúns exemplos.

Noticias web

05/07/2021