CRTVG

Buscar

A arte toma as fachadas de Ordes na décimo cuarta edición do DesOrdes Creativas

Publicado o 12/08/2021 21:59

O festival desOrdes Creativas entrou na súa recta final e hoxe puido verse parte do traballo dos cinco artistas que participan nesta edición. Cinco artistas e cinco novos murais que embelecen e enchen de arte e cultura urbana a vila de Ordes. 

Desde Ucraína, un home-sebe chega a Ordes para converter en xardín a casa de Xesús. A liberdade creativa da arxentina Milú dá as súas pinceladas case desde o ceo, subir ao guindastre é un impulso natural. Tampouco para de pintar Ana, de Sevilla. A súa fachada é a da Casa da Música. 

Socram, un dos organizadores do festival, participa nesta edición como artista. Tráenos un 'golem' cargado de significado. Arte que habita xa en 80 fachadas de Ordes, grazas a unha xente moi especial, os que fan posible que o festival vaia xa pola XIV edición.

 

Noticias web

12/08/2021