CRTVG

Buscar

A arte floral, unha tendencia en auxe

Publicado o 11/01/2017 20:17

Profesionais do sector tiveron a oportunidade de acudir estes días a un curso impartido en Boiro para especializarse en protocolo e decoración para vodas e eventos

A arte floral é unha tendencia en auxe en España. Profesionais do sector tiveron a oportunidade de acudir estes días a un curso impartido en Boiro para especializarse en protocolo e decoración para vodas e eventos.

Foron tres intensos días en que o experto florista e escaparatista Nacho Rodríguez compartiu os seus coñecementos nesta arte con profesionais do sector da comarca da Barbanza.

Coñecer como enfrontarse a calquera tipo de evento require de moita creatividade polo que posuíla é o principal requisito para calquera florista.

Entre os asistentens destacan a necesidade de máis cursos coma este para adaptarse aos novos tempos. 

Todas as creacións deste curso, entre as que destacan ramos e detalles de noiva e decoracións de grandes eventos, poderanse visitar de venres a domingo nunha sala adxunta ao mercado de Boiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017