CRTVG

Buscar

A arte de Lula Goce e as estrelas do fútbol mestúranse no campo de Nigrán

Publicado o 06/06/2020 19:45

Rafinha Alcántara, o seu irmán Thiago, Rodrigo Moreno, Santi Comesaña e Xurxo Otero quedaron retratados no campo de Condomínguez pola artista máis internacional do Val Miñor, Lula Goce. O berce de grandes estrelas do fútbol europeo converte agora as súas bancadas en obras de arte.

Xurxo Otero formouse no Celta, pero adestrou no Val Miñor. O internacional de Nigrán xogou o Mundial dos Estados Unidos do 94, un dos pioneiros na selección que agora está encantado co seu mural preto da súa casa.

Os focos perseguen aos Alcántara desde os seus inicios na escola de fútbol do Val Miñor. Álex Villar xa albiscaba un bo futuro profesional. Rodrigo Moreno está consolidado no Valencia, Santi Comesaña, pensa, pode chegar máis arriba...

En tempos de pandemia, grazas a pintura acrílica e os "esprais" de Lula, a mestura entre fútbol e arte semella perfecta. O selo de Lula Goce, xa loce no Condomínguez de Nigrán.

Noticias web

06/06/2020