CRTVG

Buscar

A arte cóase no debate político co 'ninot' do rei de Arco

Publicado o 27/02/2019 15:05

Este é o ninot da polémica. Quen o compre, por douscentos mil euros, comprométese, por contrato, a queimalo nun ano nun acto público. A obra, de catro metros de altura, leva a sinatura de Eugenio Merino e Santiago Sierra, os autores que o ano pasado exhibiron a montaxe Presos políticos. O PP fala de pseudoarte.

Fernando Martínez Maíllo, PP: "Calquera tipo de manifestación pseudoartística que signifique ofender neste caso o xefe do Estado é absolutamente inapropiada non?".

Podemos e Esquerra Republicana din que é liberdade de expresión. 

Rafael Mayoral, Podemos: "A arte é libre, non? Só faltaba". 

Grabriel Rufián, Esquerra Republicana de Cataluña: "Eu levo dous ou tres anos, e é unha honra para min, que me queiman nas fallas, e paréceme caralludo".

E o Goberno media na polémica.

José Guirao, ministro de Cultura: "Todos os anos en Arco hai unha peza polémica, que é a primeira en que se fixan os medios de comunicación. E xa, ao día seguinte, empezamos a falar de arte".

O 'ninot' estará aí mañá, cando os reis visiten Arco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019