CRTVG

Buscar

A Arribada celebra a chegada a Baiona da Pinta coas noticias do descubrimento de América

Publicado o 01/03/2020 18:53

A Festa da Arribada de Baiona segue en pé celebrando a súa edición número 24 a pesar do mal tempo. Este serán un grupo de teatro profesional interpretará a chegada a terra da carabela "A Pinta" coas noticias do descubrimento de América. Nós quixemos coñecer como era a vila pontevedresa en marzo de 1493.

Marzo de 1493.. ou fins de febreiro. A carabela "Pinta"chega desgastada e arrastrada veloz polos ventos de popa á vila mariñeira e próspera de Baiona. E iso é o que se celebra esta fin de semana. Esta praia da Ribeira será o escenario das exhibicións de cetrería, tiro con arco...

Cetrería, tiro con arco... pero sobretodo dunha clase de historia, a representación da obra de teatro "Arribada: o descubrimento".

O histroriador Anxo Rodríguez , que cada "Arribada" expón na capitanía marítima obxectos da época, de fins do século XV, para contextualizar aquela Baiona, o segundo porto máis importante despois da Coruña en anos onde as noticias non corrían moito.

A carabela "Santa María" afundiu. Colón, inimigo íntimo do patrón da "Pinta", chegou a Lisboa, a bordo da "niña" catro días despois de que o fixera Martín Alonso Pinzón a Baiona de Galicia.

Noticias web

01/03/2020