CRTVG

Buscar

A Arnoia Termal Bike percorre as beiras do Miño e as adegas do Ribeiro

Publicado o 22/10/2019 16:42

Ciclismo no Ribeiro, en Arnoia, unha aventura de ciclismo e turismo por unha das zonas máis fermosas da provincia ourensá. Coa presenza de Óscar Pereiro e Iván Raña na celebración da primeira edición da Arnoia Termal Bike Race. Un paseo en biclicleta con dificultade e esixencia, cento dez quilómetros de marcha cicloturista pero cun desnivel acumulado de dous mil trescentos metros. Hai quen dixo que o percorrido era de clásica de primavera en Bélxica.

Co Miño de testemuña, as termas e as adegas do Ribeiro, con Arnoia de punto de partida e final, pasando por Cortegada, Bande, Cartelle. Douscentos apaixonados do mundo da bicicleta e chegados desde Asturias, O Bierzo, País Vasco ou Estremadura e, por suposto, coa compaña de ciclistas das catro provincias galegas.

Noticias web

22/10/2019