CRTVG

Buscar

A Arnoia e Vilamartín de Valdeorras rozan os 40 graos nunha xornada de calor sufocante

Publicado o 13/08/2021 23:10

Rozando os 40 graos, con 39,9ªC, A Arnoia volveu marca a temperatura máxima de Galicia. O Ribeiro, a cidade das Burgas, todo o sur das provicias de Lugo e Ourense e Vilarmartín de Valdeorras viviron hoxe un venres de agosto de moita calor.

As piscinas e os lugares con sombra son os máis buscados e o mellor refuxio para soportar a calor.

As altas temperaturas fixéronse agardar este verán na provincia de Ourense e a xente ata agradece este tempo caloroso. Para soportalo, a receita é a auga, bebidas frescas e a tregua das noites. Moitas localidades da provincia de Ourense superaron os 35 graos e para mañá repítese o aviso amarelo nestas zonas do interior e poderían rozar de novo os 40 graos.


 

Noticias web

13/08/2021