CRTVG

Buscar

A armadora do barco apresado na Arxentina pagará a multa

Publicado o 13/02/2018 08:56

A armadora do barco de Marín apresado na Arxentina por pesca ilegal pagará a multa para poder retomar a actividade canto antes, despois de que a caixa azul do buque revelara que entraron no mar arxentino uns 750 metros. Agardan que o Playa Pesmar Uno quede libre esta mesma semana.

O pesqueiro de Marín apresado polos gardacostas arxentinos mentres faenaba de xeito ilegal na súa zona económica exclusiva podería quedar libre nos próximos días. A armadora galega recoñeceu a infracción despois de ver a análise satelital, que confirmou a súa posición irregular no Mar Arxentino, e aínda que achacan o erro a un fallo nun dos GPS,  deberán afrontar unha multa para que o barco quede libre. 

Arestora o Playa Pesmar Uno continúa retido no porto de Comodoro Rivadavia, na Patagonia, á espera de que as autoridades arxentinas dean as instrucións necesarias e a tripulación pague a sanción económica, que agardan sexa menor aos 400.000 euros que dita a lei ao cambio actual.

Está no aire aínda o que ocorrerá coas 320 toneladas de peixe procesado que levaba o Playa Pesmar Uno nas súas bodegas. Se a tripulación non é capaz de demostrar que as capturas foron realizadas en augas internacionais, A Arxentina podería confiscar unha parte do cargamento.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018