CRTVG

Buscar

A Armada vai detonar o proxectil atopado en Barcelona

Publicado o 26/08/2019 14:27

O areal permanece pechado desde onte, cando un axente do equipo de actividades subacuáticas da Garda Civil que se estaba bañando na zona descubriu o artefacto, que ten 70 quilos de explosivo TNT. Os expertos traballan agora para trasladalo a unha zona máis profunda onde poidan detonalo sen risco.

Proxectís coma este non son raros na costa barcelonesa, pero son difíciles de detectar.

"O artefacto estará sempre somerxido na auga. Con globos de elevación desprazarémolo do fondo e trasladarémolo nunha embarcacion de Salvamento Marítimo ata unha profundidade onde non haxa risco para os oleodutos de gas que pasan por Barcelona, que están a 25 metros".

"Eses explosivos, como este mesmo, están solidificados na rocha, no fondo, e é dificil detectalos",  explicou Antonio Pérez Prieto, cabo primeiro da unidade de submarinismo da Garda Civil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/08/2019