A armada galega manda no Campionato de España de 420
Publicado o 19/04/2019 20:48
A "Armada Galega" manda no campionato de España da clase 420 que estes días se está a celebrar na ría de Arousa. Martín Wizner e Pedro Ameneiro, do Náutico de Vigo, son os novos líderes da proba tras impoñerse en catro regatas. Os vixentes campións de Europa sub-19 protagonizaron un día perfecto na ría. Os galegos chegan á xornada final con 11 puntos, por diante dos baleares Konitzer e Rodríguez, que escalan na clasificación ata o segundo posto. Mañá, cuarta e derradeira xornada.