CRTVG

Buscar

A arma que usou o suposto homicida do bar Novo, clave para imputarlle máis delitos

Publicado o 22/06/2020 11:41

A arma que empregou o suposto homicida do xerente do bar Novo, en Ourense, foi clave para imputarlle máis delitos. A garda civil revisou a arma e comprobou que era a mesma que se empregara para facer varios asaltos, un deles á estación de servizo de Bentraces, tamén o asalto a unha cafetería da Merca. A Garda Civil agora busca a persoa que o acompañaba nestes atracos.

Lembremos que o xerente do bar Novo apareceu morto en febreiro, e no mes de maio a policía nacional detivo o suposto autor cando se estaba mudando de domicilio, e foi aí cando lle interviñeron a arma.

 

Noticias web

22/06/2020