CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Vigo supera a barreira dos cen novos positivos nun día

Publicado o 29/11/2020 13:39

A área sanitaria de Vigo amence con menos casos activos respecto a onte, case 2.100, pero con máis positivos por coronavirus nas últimas vinte e catro horas. Volve superar a barreira dos cen, é dicir, 109 en apenas un día.

Nesta área santaria tamén aumenta o número de hospitalizados, un total de 71, e redúcense a 17 os pacientes en UCI.

Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés tamén baixan os casos activos a 1.136 e soben os hospitalizados a 51. En coidados intensivos mantense o mesmo número de enfermos, seis, e os novos positivos repiten a misma cifra de onte, é dicir, 55.

Cómpre ter responsabilidade para lograr estabilizar unhas cifras que poderían incrementarse coa chegada do Nadal. Con esa meta, a de baixar a curva de contaxios e reducir a presión hospitalaria, afróntase esta nova etapa que para moitos xa é toda unha carreira de fondo.

Noticias web

29/11/2020