CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Vigo suma xa 1.624 persoas infectadas

Publicado o 29/10/2020 13:44

Confirmados 156 novos contaxios por PCR na área sanitaria de Vigo, que suma xa 1.624 pacientes coa infección, o que a converte na máis afectada de Galicia. O gromo que se detectou no interior do hospital Álvaro Cunqueiro está controlado e afectou catro traballadores sanitarios e un paciente.

"Pois é unha consecuencia normal da irresponsabilidade da xente".

"Preocúpame moito, e sobre todo a min, que son de alto risco e con problemas".

"Isto é unha barbaridade, isto é un descontrol, o que estamos a facer e temos que coidarnos un pouco senón imos ao peor".

Salceda de Caselas abandona a alerta vermella para baixar a laranxa. Os municipios da área sanitaria de Vigo que manteñen o máximo nivel son 8. Preocupa a situación en Tui, que rexistou máis de 50 casos nos últimos 8 días, case todos asintomáticos.

"Paréceme que somos todos moi informais para o que temos enriba. Isto é de vergoña, que non teñamos algo máis de responsabilidade".

"Fixéronme catro probas e nas catro dei negativo. Tiven catro persoas contaxiadas. Levárono moi ben e a penas tiveron síntomas".

"Estamos pouco concienciados e a xente fai pouco caso do que hai que facer. Isto parece que non é con un, non o entendo. Din que non saiamos, mira como está todo isto, e as terrazas están igual".

Dos 1.624 casos, 66 permanecen hospitalizados e 8 en coidados intensivos.

 

Noticias web

29/10/2020