CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Vigo rexistra este sábado 70 novos contaxios

Publicado o 17/10/2020 14:48

Os casos activos na área sanitaria viguesa superan xa os 600. Este sábado rexistráronse 70 casos novos, ou dito doutro xeito
hai 40 casos activos máis nesta área sanitaria. Sería así, esta de Vigo, a segunda área sanitaria que máis positivos suma nesta xornada de sábado. Pero é que as cifras non deixaron de medrar ao longo desta semana con preto de 500 novos contaxios. En canto á situación concreta dos concellos da área sanitaria, Vilagarcía de Arousa súmase aos municipios en alerta vermella por coronavirus.


 

Noticias web

17/10/2020