CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Santiago multiplica a capacidade para diagnosticar a Covid-19 con 8 robots

Publicado o 29/05/2020 16:23

A área sanitaria de Santiago multiplica a capacidade para diagnosticar a Covid-19 con oito robots doados por empresas anónimas.

Os robots van permitir facer 2.400 mostras ao día, que se suman ás que xa se están facendo. Desde o servizo de Microbioloxía do Hospital Clínico sinalan que estes aparellos de última tecnoloxía van axudar a superar o efecto funil no procesamento de mostras. O servizo vai engadir ademais un sistema denominado pooling que aumenta dez veces a capacidade de diagnóstico, e que se vai automatizar nundos robots. Os aparellos van ser moi últiles na desescalada, segundo o SERGAS.
 

Noticias web

29/05/2020