CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Santiago inicia a experiencia piloto dun novo modelo de Atención Primaria

Publicado o 29/06/2020 15:23

A área sanitaria de Santiago inicia a experiencia piloto dun novo modelo de Atención Primaria. Está deseñado en base á realidade demográfica de Galicia, pensado especialmente para atender as persoas maiores que sofren enfermidades crónicas. 

É un novo paso na medicina preventiva. Un modelo asistencial máis social para atender non só as pluripatoloxías dos pacientes crónicos, senon tamén o seu benestar psicolóxico e emocional.   Empregando novas tecnoloxías realizarase un seguimento completo dos doentes.

Eloína Núñez, xerente do CHUS: "O obxectivo é ter unha atención máis integral e proactiva que atenda non só a patoloxía sanitaria, senón que atenda a problematica social, que é a soidade e a dependencia, que en Galicia a vemos moi a miúdo".

A conexión mediante tabletas permitirá realizar probas diagnósticas que os médicos poderán ver dende o centro de sáude. Tamén substituír as conversas telefónicas cos pacientes por videochamadas. O persoal de enfermería será así a conexión entre os pacientes e os profesionais do centro de saúde. 

Un dos principais obxectivos deste novo modelo de atención primaria é evitar ingresos hospitalarios e que permita que o paciente reciba os coidados que precisa no lugar máis adecuado, que en moitas ocasións é o propio fogar. 

Juan Sánchez, xefe de servizo da Estrada: "Para iso precisamos que a atención primaria evolucione, que deixe de ser a porta de entrada para converterse na columna vertebral".

A experiencia vai comezar o 12 deste mes na zona da Estrada a través de dúas enfermeiras especialistas en medicina familiar e comunitaria.

 

 

 

Noticias web

29/06/2020